jueves, 5 de marzo de 2015

La ruta del ébola empieza en nuestros coches

Este artículo é unha critica sobre as enfermidades máis contaxiosas e perigosas do noso planeta, entre elas o ébola, que tanto eco tivo fai uns meses no noso país. O artigo pretende facernos ver unha realidade que moitos de nós descoñecemos grazas o noso goberno, as noticias e as persoas que dirixen non só este país senón todos que queren ocultar a verdade destas enfermidades.
Como ben dixen antes, a maioría de nós descoñecemos a realidade do problema, e o artigo explícanos como tirando da información e investigando se pode chegar a coñecer que neste caso, o do ébola, os causantes da súa propragación son os países que invirten diñeiro nos países menos subdesarrollados, facendo plantacións enormes de palma aceiteira que é o que produce a gasolina, ben material da terra que todos os países queren conseguir sen importarlles como, e esta árbore encántalle os morcégos, privilexiados e  portadores do virus e que contaxian a tanta xente a través da saliba, da orina ou dos excrementos.
Todo isto débese a implantación dun distema de agricultura deseñado para xerar materias primas para o mercado en lugar de alimentos para a poboación, importanto non a xente nin o seu benestar, senón o benestar e o bolsillo dos países máis ricos, que explotan a estas persoas e estes terreos a cambio de gasolina, sen importarlle o que isto con leva, como o ébola, e sen facer nada por parar nin curar está enfemidade tan grave e mortal.
E por se fora pouco, esta enfermidade en países que non contan nin cunha sanidade nin cuns alimentos sans non se pode facer fronte a loitar contra ela, polo que se expande sen poder parala e no seu recorrido lévase moitas vidas.
Ao igual que o ébola o artigo quere facernos ver que non só é esta enfermidade a que ten a súa orixe en grandes empresas que explotan, senon coma noutros casos, a gripe A, ou a malaria tamén llo deben a países capitalistas, mostrándonos como outra vez máis nos enganan e nos ocultan a verdade, porque sociedade que non sabe sociedade que non protesta e isto non debería de ser así, temos todo o dereito a coñecer a verdade e a loitar non só polos nosos dereitos senón tamén polo desas persoas indefensas que o único que queren é un futuro mellor.
Para concluír quero dar as grazas a este artículo, xa que me fixo ver unha realidade que descoñecía.

Noelia Bargiela Romero

No hay comentarios:

Publicar un comentario