miércoles, 11 de marzo de 2015

Jose Luis Sampedro


https://www.youtube.com/watch?v=pftudoT5XmI&feature=player_embedded#!</span></p>


O vídeo mostra a Jose Luís Sampedro, economista español, falando sobre a presente crisis e o capitalismo.
Como ben sabemos o capitalismo é un orden ou sistema social que deriva do usufructo da propiedade privada sobre o capital como ferrameta de producción, polo que podemos decir que vivimos nun sistema capitalista no que a sociedade se centra no consumo e no ben individual.
O problema deste sistema é que se preocupa do diñeiro e do bolsillo individual olvidándose de que moitas accións das que levan a cabo traen consigo un sin fin de problemáticas ambientais. Para explicarme mellor, na nosa sociedade explótanse os recursos naturais que temos por beneficio de todos e sobre todo por beneficios dos "peixes gordos" que aínda tendo a súa carteira chea queren máis, seguindo explotando eses recursos e acabando con eles. E agora chegamos o punto actual, un punto o que xa antes moita xente nos levaba avisado, estamos quedándonos sen recursos naturais, sen máis que explotar e non podemos rexeneralos polo que se acabaran, porque a sociedade triplicouse e os recursos escasean para facer fronte a tanta xente. Antigamente críase que nunca se acabarían, e pode que fora verdade se todos fixeran un uso concienciado deses recursos, se a xente non fora tan avariciosa e se deixara de preocuparse por sí e por vivir ben e pensara no futuro, na terra e e no planeta en sí. Que a crisis do capatilismo non é o que importa neste vídeo, isto só é un agravante do consumistas que somos as persoas, o que importa de verdade é que antigamente creábanse productos para cubrir necesidades mentras que actualmente se crean necesidades para vender productos, e isto non pode ser, todos os nosos hábitos, os nosos vicios e costumes contaminan e acaban pouco a pouco cos recursos existentes acabando por destruír todo, incluídonos a nós mesmos.
Estou totalmente de acordo con Jose L Sampedro xa que como el menciona no vídeo o problema é que os que poden facer algo non queren facelo, eses son a xente rica, a xente con poder, a xente que ten voz no pobo e a xente á que menos lle importa os problemas medioambientais, porque como dí el nos ricos non se nota a crisis nin afecta que os recursos se estén acabando porque eles sempre terán. Mentras que a xente que de verdade se preocupa por estes problemas, esas persoas que loitan e se manifestan encontra da explotación dos recursos e do medio ambiente se invisibiliza porque non interesa, non interesa que unhas cantas persoas, moitas, che digan a verdade sobre a túa avaricia e o teu egoísmo.
E por mala sorte este é o mundo no que vivimos, un mundo no que as persoas o vamos destruíndo pouco a pouco, non o valoramos e pensamos que sen él poderemos vivir, pero esquecémonos de que é él o que nos fai vivir.

Noelia Bargiela Romero

No hay comentarios:

Publicar un comentario