miércoles, 11 de marzo de 2015

Nenufar


https://www.youtube.com/watch?v=bfRpU19HDqI

Ca metáfora do nenufar Carlos Taibo quere facernos ver que o ritmo o que vamos acabaremos en poucos anos cos recursos naturais que nos ofrece a terra. Xa que aínda que nun principio se empezara a explotar pouco, o xusto para vivir, na actualidade a sociedade triplicouse polo que somos máis persoas que necesitamos vivir, e máis persoas que necesitamos vivir non só cas necesidades básicas que a terra nos aporta, senón que necesitamos ter coches, roupa, necesitamos consumir e consumir, acabando cos recursos pouco a pouco.
Carlos Taibo quere facernos ver este crecemento tan preocupante da sociedade e do consumo dos recursos naturais, xa que moitas veces isto invisibilízase porque non é un problema que agora queiran facer fronte. A maioría da xente que está no poder, a xente que ten voz, non quere que este problema se vexa porque é un problema que afectará no futuro polo que eles non o vivirán pero o mellor equívocanse e ese futuro non é tan lontano.
O peor de todo é que a terra proporcionounos dende un principio alimentos básicos para sobrevivir, ofreceunos materiais para facer vivendas, vestirnos, pero por avaricia sempre quixemos máis, queremos casas grandes, moita roupa, queremos todo sen importarnos as consecuencias que isto trae, porque aínda por riba a maioría da xente non respecta o medioambiente, non respecta a terra, terra que tanto nos deu e nos da e que probablemente a este paso algún día deixará de dar, e por mala sorte, ese día será o final e xa non haberá nada que se poida facer, e será aí cando todo o mundo se empece a concenciar e a arrepentir de non haber valorado o moito que nos deu o planeta, e será aí cando non haia volta atrás.
Que maneira máis absurda de acabar co planeta, non? ou mellor dito, que sociedade tan egoísta capaz de acabar con todo o que a rodea.





Noelia Bargiela Romero

No hay comentarios:

Publicar un comentario